Aquivos por Categoría: Ligas Galegas
Finde cheo de Voleibol do Arenal Emevé en todas as categorías.
Seguimos có límite de aforo a 30 persoas.
Debido á situación sanitaria actual na cidade de Lugo, o partido
C.V. Teruel disputarase SEN PÚBLICO.
A redución de aforo ( 30 persoas ) fai que teñamos que facelo así novamente.
O Club Arenal Emeve con esta cifra, non pode cubrir as peticións dos socios do noso club, pois só poderiamos cubrir con elas as entradas protocolarias obrigatorias e as pertinentes de seguridade COVID e organización.
Grazas polo voso entendemento e colaboración, desexamos que, moi pronto, tod@s podamos gozar do noso equipo.
Seguimos intentando conseguir que o noso protocolo reciba a luz verde de Saúde Publica para aumentar o aforo ao máximo posible permitido nestes momentos.
Síguenos na retransmisión por Streaming na nosa canle de Youtube.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Canteira TV Emevé no Facebook.
¿Esta fin de semana … veñen xoghar volei a Lugho os rapases e as rapasas do Barbansa. @canteiratvemeve en Facebook. E logho? ¿Vas perder de velos? ¿Ou cómo é?
¡Pois non! Para iso está o noso Canal TV Emeve cos seus directos da canteira.
Imos aló.
Día mundial contra o cancro de mama.
Rendirse non é unha opción!! Nós
loitamos ó voso carón!!
Irene Yáñez, nova tempada no Arenal Emevé
IRENE YÁÑEZ (Central,1994) QUÉDASE!!
Un ano máis Irene será a capitá das nosas #loitadoras .
Experiencia, garra e un excelente talante son as calidades que fan dela a mellor líder que o noso equipo podería ter nesta nova aventura na LIga Iberdrola.
Aínda que se fixo esperar, a renovación máis desexada xa é unha realidade.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

