Canteirás e loitadoras

Novamente, o noso equipo de Superliga, estará reforzado polas nosas xuvenís.
Un luxo para o equipo poder contar con estes tres reforzos, e un luxo para estas tres canteirás poder gozar outro ano máis da competición na máxima categoría do voleibol español.
Aproveitade a oportunidade e gozade da experiencia, aínda que o pareza, isto non é o habitual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé. A canteira á Superliga1

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: A canteira á Superliga”
ARGUMENTO: Unha pequena cidade, un pequeno club de voleibol e unha serie de estrañas circunstancias manteñen intrigada a toda a comunidade do voleibol español.
Toda a comunidade únese para tentar desvelar os misterios que rodean ao Arenal Emevé de Lugo, ¿Como é posible que deste club desaparezan tantos mozos que aparecen posteriormente na Concentración Permanente da Selección Española? ¿Como é posible que esta pequena cidade sexa capaz de producir tal cantidade de canteiráns dun deporte minoritario? ¿Que fai que estes canteiráns rendan a tan alto nivel e cheguen a formar parte do primeiro equipo?
En resumo ¿Que estraño segredo envolve a canteira de “El Mejor Equipo de Voleibol de España”?
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

De canteiráns a loitadores

Nun club como o noso calquera éxito sería incompleto se non conseguísemos que os nosos canteiráns chegasen todos ó máis alto.
É un pracer anunciar que estes cinco xogadores lucenses do noso equipo xuvenil acompañarannos esta tempada na nosa nova aventura na Superliga Masculina de Voleibol.
Unha gran oportunidade para seguir medrando como deportistas, adestrando e xogando con xogadores do máis alto nivel.
Aproveitade e gozade moito, merecédelo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Miguel Paradela e Candela López nas Xornadas de tecnificación da RFEVB

Miguel Paradela Cortón

Candela López Méndez

Nova convocatoria para as Concentracións de Tecnificación de Voleibol da RFEVB, e novamente con presenza d@s nos@s canteiráns entre @s convocad@s.
CANDELA LÓPEZ e MIGUEL PARADELA estarán na devandita Concentración, que terá lugar en Guadalajara do 26 de Xullo ao 9 de Agosto. Ambos, con contrastada experiencia nas Categorías inferiores da Selección Española, son xa habituais neste tipo de citas.

Unha paréntese nas súas vacacións que, sen dúbida, farán con gusto para seguir crecendo neste deporte.
Parabén a ambos!!
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S

AVES DE PRESA: ESTAMOS Á ESPREITA

Nunha tempada de cinema, como a que nos espera, está película manteranos enganchados ata o final.
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Aves de presa: seguimos á espreita”.
Un grupo de xogadoras de volei ven como un virus apocalíptico paraliza o mundo e lles impide cumprir o seu soño, ser Campioas de España Xuvenís, nunha tempada na que sentían preparadas e tiñan moitas opcións.
Lonxe de abandonar, o grupo loita, adestra e esfórzase para volver ao seu obxectivo a próxima tempada.
Unha historia de decepción e superación individual e colectiva, ¿cal será o final?
Non o perdas!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Peche da tempada do Arenal Emevé IF2

Ao acabar cada tempada e analizala, fixámonos en datos tanxibles como o número de vitorias, os títulos alcanzados …Con todo, o que realmente merece a pena e nos fai seguir loitando cada día él o intanxible, as relacións que se xeran entre tod@s @s que formamos esta gran familia. E ver cómo estas relacións van máis aló do deporte.
Mostra diso foi a cea que as nosas loitadoras do Infantil IF2 e a súa adestradora Susana Cortegoso gozaron na Parrillada Abel.
Un momento de risas e confidencias para despedir a tempada e a categoría, antes do seu paso a cadetes.
Ata a próxima tempada mozas 👋
ARENAL EMEVE, MOITO MAIS QUE VOLEI