Dende o Arenal Emevé, estamos a elaborar un protocolo de actuación para poder retomar a actividade físico-deportiva que se permite na fase 1: grupos de 10 deportistas con 1 adestrador/a ao aire libre. Nosa idea é poder establecer horarios a partir da luns día 18 de maio
dos que vos informaremos. Confiamos en que estedes todos ben de saúde e con moitas ganas de retomar o Volei ainda que, polo momento, sexa sin 🏐.
Aquivos por Categoría: Ligas Galegas
Faino por el@s!
ACTUEMOS CON SENTIDIÑO
Sabemos que está imaxe non se corresponde coa nosa cidade. Sabemos que, salvo contadas excepcións, aquí estanse respectando as recomendacións para saír c@s nos@s nen@s á rúa. Pero non baixemos a garda, non tiremos por terra o esforzo que levamos facendo un mes e medio. Non usemos @s nos@s nen@s como escusa para saír e reunirnos con outras persoas, saiamos e gocemos de el@s con alegría e responsabilidade.
Porque o merecen, porque levan todo este tempo sufrindo está situación sen protestar e porque demostran máis aguante e cordura que moit@s adult@s.
ARENAL EMEVÉ, FAINO POR EL@S!!

Entrevista á presidenta do Arenal Emevé en El Progreso.
Comunicado: Suspéndense as actividades.
O Club Voleibol Emevé decidiu suspender todas as actividades deportivas (tanto competicións como adestramentos para todos os equipos ARENAL EMEVÉ ) desde hoxe Xoves día 12 de Marzo ata o Luns 23 de marzo, ante as recomendacións das Autoridades Sanitarias, así como o peche das instalacións deportivas.
Esperamos poder retomar a normalidade en breve.


