Convenio por e para o Volei

CONVENIO POR E PARA O VOLEI
Como a maioría xa sabedes, o pasado venres ratificouse un convenio que na práctica xa se viña realizando. Un convenio de colaboración entre o noso club e o Seminario de Lugo onde todas as partes saen gañando; @s nos@s moz@s dispoñerán dunhas excelentes instalacións para adestrar, os mozos do Seminario que xogan ao volei gozarán dos mellores adestradores posibles para seguir mellorando o seu gran nivel, e onde o gran gañador sen dúbida será o voleibol lucense.
Por unha unión frutífera e que dure moitos anos, GRAZAS.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Novo acordo para o Arenal Emevé.

PRESENTACIÓN NOVO ACORDO
Hoxe ás 18:00, se a autoridade o permite e o tempo (e a tecnoloxía) non o impide, terá lugar a presentación dun novo acordo de colaboración. Un acordo no cal os que máis van gañar van a ser as nosas grandes estrelas, a CANTEIRA.
Permanecede atent@s ás nosas RRSS, se as condicións o permiten todo o acto de presentación será retransmitido en directo por Instagram Live. Se non o podedes ver en directo poderedes velo despois, xa que durante 24 horas quedará colgado nas nosas Historias de Instagram.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S!!

Arenal Emevé Sub campión da XXXVII Copa Galicia Voleibol.

Logo de vencer na semifinal ao CV Korbis por 3-0, non puideron as loitadoras de Manuel Blanco coa férrea estrutura do Autos Cancela Zalaeta na final da Copa Galicia de Voleibol. Noraboa ao equipo coruñés, merecido gañador. Clicade na imaxe para ver algunhas fotos proporcionada polo CV Zalaeta.

Importante a incorporación ao primer equipo lucense da colocadora cadete: Sara Fernández para acompañar á xa habitual Lidia Figueira e  das xuvenís, Lucía Pego e Iria Sánchez que sumadas a Paula Reija, Ainara Burgo, Uxía López e Sara Urrea baixaron, ainda máis, a media de idade do equipo.