XXXVII Copa Galicia de Voleibol Feminino

 

XXXVII COPA GALICIA DE VOLEIBOL FEMININO
Este sábado 4 de Xaneiro temos unha nova cita coa Copa Galicia.
Esta Cop
a reúne aos catro mellores equipos femininos da pasada tempada. Estes catro equipos (Arenal Emevé de Lugo, CV Bruxas de Ames, Autos Cancela Zalaeta de A Coruña, e Club Korbis de Monforte) enfróntanse en formato de Final Four a partir das 10:00, e ata as 19:00 que se disputará a Final no Pavillón Municipal do Restollal de Santiago.

As nosas #loitadoras tentarán revalidar o título conseguido o ano pasado en As Pontes de García Rodríguez.                  ARENAL EMEVÉ, A POLA COPA !!

Marta Otero súmase ao proxecto Arenal Emevé.

MARTA OTERO ÚNESE Ó ARENAL EMEVÉ
Nova incorporación á familia Arenal Emevé, nesta ocasión é MARTA OTERO a que liga o seu futuro ao do noso club.
Dúas veces campioa galega (2018 e 2019) cos seus dous campionatos de españa correspondentes e partícipe en tres CESA coa selección galega. Leva no programa da federación española desde 2017 con dúas WEVZA en 2019 e 2018, dous anos na Concentración Permanente da Selección Española (tempadas 18/19 e 19/20).
Internacional sub-18 e sub-19.
A súa ampla carreira como deportista é inversamente proporcional á súa curta idade.
Sen dúbida unha fichaxe de altura cunha grandísima proxección.
MARTA, BENVIDA Á FAMILIA !!

Carolina Camino e Anier Mariño: agasallos para Arenal Emevé.

Este ano Papá Noel 🎅 deixounos os nosos agasallos cun día de antelación.
Que mellor agasallo que a incorporación de Carolina Camino e Anier Mariño. Ambos chegarán de Ribeira Sacra e do CV Korbis, respectivamente, tras pasar pola Permanente da Selección Española.
Dúas incorporacións de luxo para seguir medrando e completando os nosos planteis.
Aquí podedes ver o vídeo da presentación, que tivo lugar hoxe no local de Perfumerías Arenal do C.C. As Termas.
Como veredes os nervios estaban a flor de pel xa que todas as partes sabían da transcendencia deste momento, agora xa máis relaxad@s só podemos dicirvos:
BENVENID@S Á FAMILIA ARENAL EMEVÉ!!