Xornadas de Portas abertas no Emevé. Anímate e ven!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ¿XOGAS AO VOLEI CON NÓS?
A partir do próximo venres 13 de Setembro, e nos días sucesivos, celebraremos novamente as nosas xornadas de portas abertas. Tod@s @s nen@s que o desexen poden probar as bondades deste precioso deporte sen ningún tipo de compromiso.
Quen sabe? Se cadra descubrimos ao novo #rafapascual ou á nova @anaescamilla10 .
Máis información no teléfono 600 406 299, no mail correo@emeve.com ou pásate polo “poli” o 13 ás 18:00, alí estaremos para recibirte cos brazos abertos.
XOGA VOLEIBOL…XOGA CO EMEVÉ!!!

Manuel Blanco, en su nueva etapa sigue en el Emevé.

MANUEL BLANCO empeza unha nova etapa no noso clube e na súa vida.
Tras retirarse das pistas como xogador, o noso capitán entra a formar parte do noso cadro técnico. Manuel terá un importante papel no equipo de SF-2, pero tamén se encargará da formación dalgún equipo da nosa #policanteira.
Sen dúbida, un activo demasiado importante para permitir que abandonase o volei sen máis.
POR ESTA NOVA ETAPA !! POR MANUEL !! 🥂🥂🥂bol1(1)

Campionato Galego Alevín

Este fin de semana no Pavillón de Calasancias de A Coruña, terá lugar a final do

campionato alevín.Tras 4 campeonatos, as nosas alevíns clasificaronse en 

primeira posición mentres que os rapaces, acadaron o cuarto posto. Agora a demostrar  neste derradeiro tirón o que valen os #pequenosloitadores

 

 

Cuartos de Galicia. Cadete Masculino

Xornada difícil a de onte en Boiro. Os cadetes do Emevé perderon os dous encontros frente a @Korbis e @CVCalasancias.  Somos cuartos de Galicia e sentímonos orgullosos do voso traballo: Sebas, Froi, Miguel, Marcos, Javier, José, Suso, Raúl, o infantil Xoel e o alevín: Samu. Adestradores: Chema Giménez e Guillermo Avendaño.