Arenal Emevé, presenta: Athanasia Liagki

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Athanasia Liagki”
ARGUMENTO: Cando a Liga Iberdrola se converteu nunha loita entre Deuses e Deusas do volei, un pequeno equipo do noroeste de España, confía na chegada dunha Deusa grega.
Esta última incorporación ao elenco de estrelas do equipo supoñerá unha auténtica revolución, e Athanasia convertirase na auténtica heroína do último tramo da liga.
Serias capaz de adiviñar o título real desta película???
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Lucía Prol: EXPEDENTE X

Esta semana, na Nave do Misterio, Iker Jiménez aborda o insólito caso de Lucía Prol. A pesar de ser a Mellor Atacante, Máxima Anotadora e segunda Mellor Sacadora desta xornada da Liga Iberdrola, non consegue entrar no 7 Ideal da Xornada.
Non vos perdades cómo, os máis grandes expertos do mundo, tentan dar algo de luz a tan insólito feito.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Fichaxe de Athanasia Liagki

ATHANASIA LIAGKI (Oposta, 1995) reforzará ao noso equipo de #loitadoras no seu afán de alcanzar o obxectivo de continuar na liga Iberdrola.
Tras desenvolver a súa carreira nos mellores equipos do seu país e unha aventura en terras francesas, a xogadora grega ficha polo noso club coa intención de achegar o máximo e seguir medrando ás ordes de Jose Valle.
Esperámoste cos brazos abertos.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

O Arenal Emevé SVM non xogará a Copa do Rei

A falta de Copa…
Tras o desgusto que supón a nosa non clasificación para esta edición de Copa, toca repoñerse e aproveitar o tempo.
Que mellor forma de ocupar este descanso que gozando da ampla oferta da hostalería lucense. Un sector que sempre nos apoia e neste momento necesita que sexamos nós os que o apoiemos.
Sempre con sentidiño e respectando todas as medidas anticovid, animámosvos a gozar dos mellores bares e restaurantes do universo (presuntamente).
ARENAL EMEVÉ, DA COPA ÁS CAÑAS