Galician Army se suma á festa do Arenal Emevé.

FESTA SEGURA NO MUNICIPAL CON GALICIAN ARMY
Que a tarde do sábado ía ser unha tarde inesquecible para os amantes do volei en Lugo era unha obviedade, pero coa confirmación destes craks a festa subirá moitísimo enteiros.
Como xa avanzamos a pasada noite na nosa Historia de Instragram, GALICIANARMY serán os encargados de facer que o Municipal vibre en todos aqueles intres entre partidos.
Aproveitamos para lembrarvos a tod@s aquel@s que non sexades soci@s que PODEDES PASAR A RECOLLER AS VOSAS INVITACIÓNS, ENTRE HOXE E MAÑÁ, Á VOSA TENDA ARENAL MÁIS PRÓXIMA. Non vos esquezades, porque hai moitas máis sorpresas pero teredes que vir o sábado para descubrilas.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!

Invitación: Nas tendas Arenal para a presentación e partidos Sábado 16 Novembro.

GRAN FESTA DA FAMILIA ARENAL EMEVÉ
O Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo acollerá este sábado 16 de Novembro desde as 16:00 horas a presentación oficial de todas as categorías do noso club desta tempada 19-20.

 

➡️16:00 Presentación Equipos Arenal Emevé
➡️17:30 Arenal Emevé SVM 🆚️ CV Melilla
➡️20:00 Arenal Emevé SF-2 🆚️ Volei Rivas

Ademais de gozar do mellor volei nacional do momento tamén teremos música, talleres, inchables, Photocall…
Esperámoste para a gran festa do volei lucense, non faltes, sen ti a nosa familia non está completa.
➡️RETIRA A TÚA INVITACIÓN, XOVES OU VENRES, NA TÚA TENDA ARENAL MAIS PRÓXIMA⬅️
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S !!!

Re-COMENDO

😋 RE- COMENDO EMEVÉ 😋

¿Sabedes que facer este fin de semana sen voley no Municipal?
¿Sabedes aquel dito?: “E para comer Lugo”
Pois xa tedes plan, pasear pola nosa preciosa cidade e gozar da súa gastronomía e o seu lecer. A única elección será por onde empezar.
Para facilitarvos un pouco o dilema recomendarémosvos 5 locais hoxe e outros 5 mañá.
As recomendacións de hoxe son:
– Petisco
– O Figón
– Maty’ s Café
– Parrillada Restaurante Porta Santiago
– Parrillada Abel
Todos excelentes e todos colaboradores do noso Club.
A ELECCIÓN NA QUE SEMPRE ACERTARÁS !!!

[button link=”https://www.instagram.com/p/B4nVkmvqaV6/” style=”info” bg_color=”#045FB4″ window=”yes”]ReComendo[/button][button link=”https://www.instagram.com/p/B4k9airiAY0/” style=”info” bg_color=”#086A87″ window=”yes”]ReComendo[/button]

Cursos de árbitros e anotadores

A Federación galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca a oferta lectiva para a tempada 2019-2020. Os cursos convocados son:

Cursos de Anotador (Acta electrónica e acta manual):
1 de novembro (pdte de confirmar sede)
6 de decembro (pdte de confirmar sede)
4 de xaneiro (pdte de confirmar sede)
Cursos de Xuíz de liña:
1 de novembro (pdte de confirmar sede)
6 de decembro (pdte de confirmar sede)
4 de xaneiro (pdte de confirmar sede)
Curso de Árbitro Territorial B (presencial mais a distancia)
Días 1 de novembro e 6 de decembro
Curso de Territorial A (presencial mais a distancia)
Días 1 de novembro, 6 de decembro e 4 de xaneiro
Curso de Anotador de volei praia:
15 de maio
Curso de árbitro Territorial B de volei praia
15 e 16 de maio
Curso de árbitro Territorial A de Volei praia
15, 16 e 17 de maio

Os interesados terán que enviar o modelo G13-II a conta de arbitros@fgvb.es , como prazo tope 4 días antes do inicio do curso. O pago de taxas do mesmo será aboado, como moi tarde, o día antes do inicio do curso. As sedes publicaranse unha vez se resolvan as solicitudes ou onde por motivos organizativos se beneficie a maior número de participantes.

O custe de cada curso é duración son: