Loitamos contra o cancro de mama.

Hoxe no #díacontraocancrodemama queremos enviar todo o noso apoio a todas as persoas que loitan contra esta enfermidade, tanto a l@s enferm@s que a padecen como aos investigadores que buscan de forma incansable unha cura para esta secuela.
# súmatealRosa
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!

Outro EmevéBebé

👼NOVO EMEVÉBEBÉ👼
Pero que cousa máis linda. Temos un novo récord de mocidade na familia do Arenal Emevé, chámase Telmo e acaba de nacer esta semana.
Telmo xa ten o seu carné de socio e estamos a desexar velo, xunto ó noso outro Emevébebé Bruno, nun partido no Municipal.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S !!!

Campaña de Socio/as 2019-2020.

FAITE SOCIO DE FORMA MÁIS FÁCIL Atendendo ás vosas demandas articulamos un novo método para facervos socios, especialmente pensado para aquel@s que viven fóra de Lugo, aínda que tamén será unha gran ferramenta para facilitar o proceso a quenes vivides na cidade.
Desde xa, podedes descargar o impreso na nosa páxina web cvemeve.com/socios/ .
Só teneis que entrar, ir ao apartado de socios e picar no tipo de abono que quereis facer: Socio individual, Socio Familiar ou Socio de terceira idade (para @s moz@s de máis de 65 anos).
Unha vez cuberto o impreso envíao ao mail correo@cvemeve.com e nós encargarémonos do resto.
ARENAL EMEVE, LOITA CON NÓS !!!

Campaña de socios.

CAMPAÑA DE SOCIOS 19/20
Moit@s preguntabádesnos, sabemos que o estabades desexando.
Pois xa está aquí, xa podedes facervos soci@s do #arenalemeve.
Poderás gozar dun deporte de elite sen mollarte, sen pasar frío e cun ambiente inigualable, por un módico prezo:
– Abono familiar: 50€
– Abono individual: 30€
– Entrada NON SOCIOS: 5€ por partido
QUE NON, QUE NON É UNHA ERRATA. Estes son os prezos reais porque querémoste a ti, non ao teu diñeiro.
Ademais o abono dáche dereito a ver os partidos de SVM e SF-2.
APROVEITA QUE NOS VOLVEMOS TOL@S!!!
Para facilitar o trámite habilitamos tres lugares onde poder facer o teu abono:
– Oficinas do club: Luns a venres de 16:00 a 20:00
– Poli dos Institutos: Mércores e venres de 17:00 a 20:15
– Xoiería Honorio: Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
ARENAL EMEVÉ, LOITA CON NÓS !!!