
𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐕𝐢𝐥𝐥𝐚𝐫, seguirá medrando no seu equipo de sempre.
O colocador lucense afronta o seu quinto ano no primeiro equipo do club que o viu nacer como deportista.
Unha nova tempada na máxima categoría na que Pablo, ademais de achegar a súa calidade e bo facer dentro da pista, personificará o nexo de unión entre a canteira e o plantel de Superliga.
Aquivos por Categoría: Super Liga Masculina 2
Luca Biliato, incorpórase ao Arenal Emevé.
𝐋𝐮𝐜𝐚 𝐁𝐢𝐥𝐢𝐚𝐭𝐨 | 1993 |
O oposto Italiano convértese en #loitador.
Tras centrar a súa ampla carreira en equipos insulares ( Guaguas, 7 Illas, Eivissa), afronta agora a súa primeira experiencia peninsular.
Gran reforzo para un equipo que promete facernos vibrar novamente na máxima categoría.
𝘽𝙞𝙚𝙣𝙫𝙚𝙣𝙞𝙙𝙤 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙇𝙪𝙘𝙖!!!
Víctor Bouza, unha tempada máis no Arenal Emevé.
𝐕í𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐁𝐨𝐮𝐳𝐚 seguirá poñendo o candado na recepción dos #loitadores.
Coa renovación de Víctor non só se renova a un dos mellores receptores da Superliga, senón que se renova a un estandarte deste club, un xogador que rebosa o espírito do Arenal Emevé por cada un dos seus poros.
Aurelio Rodríguez súmase ao proxecto Arenal Emevé.
𝐀𝐮𝐫𝐞𝐥𝐢𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫í𝐠𝐮𝐞𝐳, nova incorporación para a muralla dos nosos #loitadores.
Joaquin Alzueta, central de luxo para o Arenal Emevé.

𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐀𝐥𝐳𝐮𝐞𝐭𝐚 (Arxentina, 2000) nova incorporación para os #loitadores.
O xoven central Arxentino, internacional sub-21 coa selección do seu país, chega a Lugo tras ser un dos xogadores máis destacados da Liga Arxentina, para poñer ao dispor de Diego Taboada os seus case dous metros de altura.
𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙤 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙅𝙤𝙖𝙦𝙪𝙞𝙣!!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀
Mario Dovale segue no Arenal Emevé.
𝐌𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐃𝐨𝐯𝐚𝐥𝐞, seguirá sendo un #loitador na Superliga 21/22.
O líbero Internacional renova así o seu compromiso co seu equipo de sempre, o da casa.
Tremenda alegría poder reter a un xogador de canteira, un xogador de gran categoría, un xogador chamado a facer grandes cousas no voleibol internacional.
𝘼 𝙥𝙤𝙧 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨 𝙈𝙖𝙧𝙞𝙤!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀