Aquivos por Categoría: Super Liga Masculina 2
Uchenna Ofoha no septeto ideal da SVM.

ENTRADA NO 7 IDEAL
Repítese a fórmula do éxito: gran partido + vitoria + 7 Ideal da Xornada.
Uchenna Ofoha, cun excepcional partido en defensa e gran acerto en ataque, cóase por primeira vez no septeto ideal da Superliga.
Seguro que non será a última!!!!
Grande Uche, dálle duro!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Crónica Post-partido.
Por un pelo, iso foi o que nos faltou para conseguir un novo dobrete.
Tras a brillante vitoria dos nosos #loitadores , que se impuxeron con claridade nun completo partido; chegaba a quenda de que nosas #loitadoras tentasen emular a xesta. E vaia se o tentaron que case o conseguen. Nun bo partido, ante un dos ósos da liga, só a falta de sorte no Tie Break nos privou da vitoria.
Ao final da tarde, 4 puntiños de 6 posibles.
Nin tan mal.
SODES ENORMES!! 👏👏👏
Podes ler as crónicas completas en El Progreso de Lugo @elprogresodelugo , o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Finde cheo de Voleibol do Arenal Emevé en todas as categorías.
Brandon Rattray MVP da Superliga Masculina 1

Que a gran vitoria frente ao CV Teruel ía traer consecuencias estaba claro. E esta é unha delas. A designación de BRANDON RATTRAY como MVP da xornada é a constatación do traballo ben feito.
SVM Arenal Emevé vence ao CV Teruel, invicto ata vir a Lugo.

Incrible o que acaba de pasar no “Arenal Arena” 👏👏👏💪💪💪
Os nosos #loitadores conseguiron poñer xeonllo en terra ao todopoderoso CV Teruel, un equipo que non cedera nin un set en todo o que levamos de Superliga.
Esta vitoria por 3-2, nun incrible partido, fai certas as declaracións que El Progreso de Lugo publicaba hoxe de Brandon Rattray: “Este equipo é capaz de todo se nos mantemos centrados”.
Unha pena que só a Directiva e o Comité Anti- Covid puidese gozar in situ desta gran xesta, pronto volveremos vivilo en família.
Queremos desexar aos nosos compañeiros e amigos do CV Teruel unha boa viaxe de volta a casa.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA



