SVM Arenal Emevé – CV Teruel

⚠️ ATENCIÓN ⚠️
🏐 HOXE XOGAMOS 🏐
📆 Sábado 14 de Novembro
🏟 Pavillón Municipal dos Deportes
🕠 17:30 ARENAL EMEVÉ 🆚️ CV TERUEL
⬇️⬇️⬇️ STREAMING ⬇️⬇️⬇️

❗PARTIDO A PORTA PECHADA❗
Recorda que podes seguilo a través do noso renovado streaming polo noso canle ARENAL TV de YouTube .
Non o perdas, arrepentiraste!!!.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Seguimos có límite de aforo a 30 persoas.

Debido á situación sanitaria actual na cidade de Lugo, o partido 🆚 C.V. Teruel disputarase SEN PÚBLICO.
A redución de aforo ( 30 persoas ) fai que teñamos que facelo así novamente.
O Club Arenal Emeve con esta cifra, non pode cubrir as peticións dos socios do noso club, pois só poderiamos cubrir con elas as entradas protocolarias obrigatorias e as pertinentes de seguridade COVID e organización.
Grazas polo voso entendemento e colaboración, desexamos que, moi pronto, tod@s podamos gozar do noso equipo.
Seguimos intentando conseguir que o noso protocolo reciba a luz verde de Saúde Publica para aumentar o aforo ao máximo posible permitido nestes momentos.
Síguenos na retransmisión por Streaming na nosa canle de Youtube.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Autoescuela Lucus có Arenal Emevé.

A Autoescola Lucus e o C.V. Arenal Emevé renovan o seu acordo de colaboración do que poderán beneficiarse tod@s aquel@s que sexan soci@s ou xogador@s do noso club.
Todas aquelas persoas que desexen sacarse o carné e cumpran estes requisitos atoparán na Autoescola Lucus a mellor das súas opcións grazas ás vantaxes que nos ofrecen.
Non o penses máis, vai á Autoescola Lucus e pregunta polas túas condicións especiais como membro da familia Arenal Emevé.
AUTOESCOLA LUCUS CONDÚCENOS AOS NOSOS SOÑOS!!!

Crónica post-partido

Un único denominador común, a falta de contundencia en ataque, condena á derrota a loitadoras e loitadores en dous partidos moi igualados.
A pesar da melloría vista respecto a primeira xornada, non foi suficiente e seguimos sen inaugurar o noso casilleiro de vitorias.
Antóllasenos unha dura semana de adestramentos se non queremos seguir aumentando os nosos plenos de derrotas.

Podes ler as crónicas completas en

El Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Macro reportaxe en El Progreso de Lugo

¿Aínda non viches hoxe El Progreso de Lugo?
Aínda estás a tempo, hoxe como incentivo podes ler unha reportaxe moi interesante sobre o noso club.
Non o perdas, quizais sexa o mellor e máis completa reportaxe feita nunca sobre o Arenal Emevé.
Un claro exemplo do que a colaboración entre Atalaia Comunicación, El Progreso de Lugo e o noso RRSSTEAM pode facer.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA