Aquivos por Categoría: Super Liga Masculina 2
Arenal Emevé: Mario Dovale
O regreso de Iago Folgueira
Arenal Emevé: Uchenna Ofoha
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Uchenna Ofoha”
ARGUMENTO: Ano 2020, Uchenna Ofoha chega a unha pequena cidade de interior do noroeste español para xogar no seu equipo de voleibol. Cando chega dáse conta de que @s habitantes da cidade, e @s que levan un tempo nela, posúen unhas calidades sobrenaturais. Tras investigar os motivos dáse conta de que todo se debe a unha serie de pócimas, ás que os aldeáns chaman licor café, oruxo ou augardente de herbas, e que lles proporcionan certos superpoderes.
Uchenna e os seus compañeiros #loitadores formarán un fantástico grupo e aproveitarán as súas novas habilidades para cegar na Superliga Masculina de Voleibol e facer as delicias dos seus afeccionados.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé: Guilermo Loeches

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Guillermo Loeches”
ARGUMENTO: Tras unha pandemia mundial, un grupo de reinos de unense nunha Superliga de Voleibol para discernir cal é o mellor equipo do mundo.
Guillermo chega ao seu novo reino para facer del o mellor equipo de voleibol do mundo.
Coa súa dirección o equipo loita pola vitoria día tras día, co apoio da súa afección, para chegar a ser os mellores de todos os tempos.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé: Chema Giménez
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Chema Giménez”.
Tras a tempada pasada, varios equipos dominan a Superliga de Voleibol. Tras grandes vitorias do Arenal Emevé na súa campaña, os directores deportivos deciden encargar novas xestas para o seu equipo a Máximo Chema Giménez, bravo receptor do Arenal Emevé.
Como #loitador, de inquebrantable lealdade ao seu club, regresa de novo a Lugo para continuar a súa loita deportiva e axudar a conseguir novos triunfos.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

