Pepo Garrido, a estrela do Volei será a fisioterapeuta do Arenal Emevé,

MARÍA JOSÉ “PEPO” GARRIDO (Folgoso do Caurel) incorpórase como fisioterapeuta ao ARENAL EMEVÉ.
Cunha ampla traxectoria ás súas costas, Pepo é unha incorporación de luxo para o staff do noso club.
Iniciou a súa vida deportiva como xogadora de volei neste mesmo club, desde onde deu o salto a outros clubs de Superliga encadeando innumerables tempadas de éxitos.
Estes éxitos levárona tamén á Selección Española, onde debutou en 1999, con apenas 17 anos. Pepo foi unha das “culpables” da clasificación da Selección Española para disputar o seu primeiro Campionato de Europa.
Tras gañalo todo con capitá de Haro Rioxa, e tras unha grave lesión, decide volver ao noso club antes de terminar a súa carreira deportiva; compaxinando o seu labor nas pistas co seu traballo como fisioterapeuta no Ensino.
Pepo é, ademáis, a fisio da Selección Española Feminina de Voleibol. E agora @s nos@s #loitadores e #loitadoras poderán gozar dos seus coidados.
Benvida á túa casa, Pepo!!!
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

O poder da nosa doble Muralla: A de Lugo e a do Arenal Emevé.

O PODER DA MURALLA

O mellor elemento defensivo ante os ataques inimigos sempre foron as murallas, e en Lugo temos dúas das mellores.
A Muralla Romana, cunha lonxitude de 2266 metros, coroada por 85 poderosas torres, delimita o centro histórico.
E a muralla do Arenal Emevé, que conta con tres impresionantes torres (IAGO FOLGUEIRA, 197cm – RUBÉN LÓPEZ, 202cm – UCHENNA OFOHA, 205cm) para defender os 10 metros de anchura dunha rede de 2,43 metros de altura, e que delimita os nosos dominios das terras inimigas.
Esta tempada promete duelos de altura na rede, e acudimos a eles coa seguridade de acudir coas mellores tropas.
ARENAL EMEVÉ, SUPER-TEMPADA DE PELÍCULA!!

Día Mundial da Tapa, en lugo!

DÍA MUNDIAL DA TAPA 😋

Poucas cousas haberá (aparte do Arenal Emevé 😉, a muralla, a catedral, o casco histórico…) que fagan á nosa cidade mundialmente coñecida, e unha delas é a tapa. Porque non hai maior pracer que gozar dunha xornada de tapeo polos bares e restaurantes de Lugo en compañía dos nosos seres queridos.
Por iso hoxe, no Día Mundial da Tapa, decidimos facer un alto no camiño das presentacións, para gozar dunhas boas tapas nos bares e restaurantes lucenses onde comen habitualmente @s nos@s #loitadores e #loitadoras .
ARENAL EMEVÉ, RE-COMENDO TAPAS EN LUGO!!

Guillermo Loeches, outro loitador para Arenal Emevé.

GUILLERMO LOECHES (Colocador, 1996) únese ao proxecto do noso club para a próxima tempada.
Mocidade e experiencia únense neste xogador. Tras pasar pola Concentración Permanente da Selección Española, Guillermo formou parte dalgúns dos mellores equipos da Superliga Masculina de Voleibol, onde demostrou ser un dos mellores colocadores do país. Froito diso e como recoñecemento ao seu gran labor foi convocado para xogar o All Star da Superliga a tempada pasada.
Agradecid@s de poder gozar deste gran xogador nas nosas filas, estamos segur@s que nos deparará grandes alegrías a próxima tempada.
Benvido e a por todas, Guillermo!! ⚔️