Unha derrota de portada. Adeus á Copa do Rei

📰UNHA DERROTA DE PORTADA📰

Aínda que a ninguén lle gusta perder, a de onte foi unha desas derrotas que saben a vitoria. Nun partido que se ía complicando e con inesperados xiros dramáticos, coma se dunha película de Hitchcock se tratase, estivemos a loitar ata o final e rozando a heroica.
Así o recoñece El Progreso de Lugo, que hoxe a parte da súa crónica en páxinas interiores, nos dedica a súa portada.
ARENAL EMEVÉ, A LOITA CONTINÚA!!

 

Pablo Villar á selección española Sub-20

PABLO VILLAR Á SELECCIÓN
Gran noticia a chamada da Selección Española Sub-20 a Pablo Villar para incorporarse á concentración que terá lugar en Palencia entre o 11 e o 16 de Febreiro.
Esta concentración servirá como preparación para o Campionato de Europa Sub-20 que se disputará na República Checa este ano.
PARABÉNS PABLO, MERÉCELO!!


 

Felipe no septeto inicial da xornada da SVM.

NOVA ENTRADA NO 7 IDEAL
Terceira vez que vemos a FELIPE DE MELLO HERNÁNDEZ no 7 ideal da xornada.
Gran partido do noso temoneiro que, con gran acerto, levou ao resto da tripulación ao mellor porto posible, unha nova vitoria.
Estamos a afacernos a ver cada semana a un@ d@s nos@s moz@s entre os mellores.
Ánimo moz@s, este é o camiño.
GRANDE FELIPE, SEGUE ASÍ 👏👏👏 !!!

Crónicas do Sábado. Superliga. El Progreso

CRÓNICAS DO SÁBADO
Hoxe en El Progreso de Lugo podes ver as crónicas dos partidazos de SF-2 e SVM.
Non vos esquezades de ler este xornal para seguir as últimas novidades do equipo durante a fin de semana. Cada sábado podedes ver as previas dos partidos que imos disputar e os domingos os resultados e as crónicas de cada partido.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!