Luis Martín ficha por el Emevé SVM.

LUÍS MARTÍN (1996) chega para reforzar o noso persoal de SVM a próxima tempada. Xogador cun impresionante currículo sendo Campión de España Cadete e Subcampión Xuvenil, tambien participou en varios Campionatos de España Universitarios quedando dúas veces Subcampión e sendo o actual Campión.
Sen dúbida, a fichaxe deste Oposto, faranos medrar como equipo.
BENVIDO LUÍS, DÁLLE DURO.

Adrián García, cuarta temporada en el club.

ADRIÁN GARCÍA (1999) Receptor, comprométese de novo co noso proxecto por cuarta temporada consecutiva.
Convocado en varias ocasións coas Categorías Inferiores da Selección Española, Adrián seguirá medrando como xogador na máxima categoría do Voley nacional.
IMOS ADRIÁN, A TOPE !!!

Víctor Bouza, renova có Emevé.

  VICTOR BOUZA , Receptor (1990), renova para ser o noso estandarte na Superliga Masculina de Voley. Tras a súa experiencia checa, Víctor regresou ao noso equipo para ser unha peza crave no ascenso e, logo de conseguilo, acepta o reto de seguir séndoo para obxectivos máis ambiciosos.
Esforzo, sacrificio, valentía e garra novamente no Municipal.
XUNTOS VOLAREMOS, VICTOR!!!

Rubén López segue no Emevé.

RUBÉN LÓPEZ (1999) , probablemente o home máis rápido da historia en pasar de non coñecer o Voley a xogar en Superliga, debutará esta tempada na máxima categoría do Voley nacional co club que o descubriu e o viu medrar como xogador durante a pasada tempada.
Non nos cabe dúbida de que o Central saberá sacar partido aos seus máis de 2 metros e estará e a altura da competición, sendo unha das pezas craves do equipo.
CÓMO TE QUEREMOS RUBENCIÑO!!!

Luis Linares ficha por el Emevé de SVM.

LUÍS LINARES (1995) chega a Lugo procedente de Vigo, previa escala dun ano en Las Palmas. A ponte aérea Vigo-Lugo vía Canarias está moi concorrida nos últimos días xa que antes de Luís chegou Sara Urrea polo mesmo roteiro.🤔
O vigués é un Central resolutivo con ampla experiencia en SVM onde debutou en 2013. A pasada tempada alcanzou, xunto ao seu equipo, a 7° posición na máxima categoría.
En fin, un reforzo de luxo que nos fai medrar como equipo.
DESEXANDO VERTE EN ACCIÓN, LUIS!!!