Mario Dovale, renovado.

MARIO DOVALE , Líbero (1998) seguirá connosco a próxima tempada na Superliga Masculina. Internacional nas Categorías de Base da Selección Española e membro da Concentración Permanente da Selección será unha peza importante do noso plantel e axudaranos a alcanzar os nosos obxectivos esta tempada.
GRANDE MARIO!!!

Matthew Knigge, fichaxe do Emevé SVM.

Empezamos esta nova semana con forza. Directamente de EEUU, chega ao noso club MATTHEW KNIGGE (1996). O poderoso Central americano, cos seus 202 cm, chega para reforzar unha posición crave.
Xogador de gran envergadura, gran potencia de salto e remate poderoso.
Puro espectáculo este ano no Municipal.
GO MATTHEW, GO !!!

Chema Giménez, renovado.

CHEMA GIMÉNEZ (Murcia, 1995) aposta de novo polo Emevé.
O Receptor murciano, asiduo ás Categorías Inferiores e á Concentración Permanente da Selección Española, afronta a súa terceira tempada en Lugo con toda a ilusión do mundo. A mesma ilusión que nos fai a nós que quede.

¡ ACHO, DÁLLE DURO !

Unai Larrañaga regresa ao Emevé

UNAI LARRAÑAGA Líbero nado no ano 2000 procedente do Club Voley Dumbría SM2 , onde xogou a pasada campaña o Playoff de ascenso, regresa a un Club que coñece moi ben.

Unai xa foi Campión da SM2 e quedou 5° no Campionato de España Xuvenil na súa anterior etapa entre nós.

Fichaxe ilusionante do mellor Líbero e membro do Sete Ideal da pasada SM2.

BENVIDO DE NOVO, UNAI !!

 

Felipe Hernández Colocador para SVM

FELIPE De Mello HERNÁNDEZ, Colocador brasileiro procedente do Sporting Club das Caldas (Portugal) reforza o noso plantel de Superliga Masculina.

A pesar da súa mocidade (1994) posúe un dilatado currículo tanto a nivel de clubs como nas Categorías de Base da Selección Brasileira, sendo Sub-Campión do Mundo U21 en Turquía e Campión Panamericano U23 en Canadá.

BEM- VINDO FELIPE!!!

Pablo Villar, renovado.

Qué orgullo, qué honra, qué ledicia poder anunciar a renovación de PABLO VILLAR para o noso plantel de Superliga Masculina. O colocador lucense nacido en 2002, a pesar da súa mocidade, xa é toda unha realidade. Sendo habitual nas concentracións das categorías inferiores da Selección Española, xogando o Pre-Europeo Sub-16 de Ostuni (Italia) en 2016 e quedando Quinto no Campionato de España Xuvenil en 2018. GRANDE PABLO!!