Categoría | Liga Iberdrola, Novas

Jose Valle, o bombeiro do Arenal Emevé, loita no incendio do CEAO.

𝓔𝓜𝓔𝓥𝓔 𝓝𝓔𝓦𝓢

Ante o vivido nas últimas horas en O Ceao, o peor incendio que lembra a nosa cidade; toda a sociedade lucense únese nun único anhelo, que @s afectad@s recuperen a súa actividade canto antes.
E o deporte non ía ser menos, unha riada de mensaxes de apoio asolagou as RRSS as últimas horas. Pero sen dúbida, o máximo expoñente de como o deporte lucense arrima o ombreiro, son xente como David Silva (xogador do Lugo Salga) e o noso adestrador Jose Valle. Ambos deixaron ao carón a súa faceta deportiva para centrarse, durante todo o día e a noite pasada, no seu labor como bombeiros de Lugo.
Sirva esta publicación como homenaxe, non só a eles dous, senón tamén a tod@s @s seus compañeir@s dos servizos de emerxencias, quen co seu labor evitaron males moito maiores para tod@s @s veciñ@s da nosa cidade.
Orgullos@ s de ti Jose!!

Be Sociable, Share!

Una Respuesta a “Jose Valle, o bombeiro do Arenal Emevé, loita no incendio do CEAO.”

Trackbacks/Pingbacks

  1. […] Enlace con la noticia original: Jose Valle, o bombeiro do Arenal Emevé, loita no incendio do CEAO. […]


Categorías

Archivos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies