Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

06/03/2015

PREVIA SUPERLIGA FEMININA

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 23:37

O equipo feminino do C.V. Emevé de Lugo recibe ao líder da clasificación

 

SLF-WEBO equipo lucense C.V. Emevé recibe este sábado, 7 de marzo, ao primeiro clasificado Naturhouse Logroño, líder invicto da liga, nun encontro que se celebrará no Pavillón Municipal a partir das horas 20 horas.

Prevese un encontro de mero trámite, onde as lucenses intentarán facer un bo xogo ante un equipo de gran calidade, formado por grandes xogadoras do voleibol nacional e internacional e veteranas na categoría.
O Emevé vén de gañar un punto en Murcia o pasado fin de semana e aínda que suma, sabe a pouco xa que estiveron a punto de gañar e os puntos eran moi necesarios. Tras o encontro deste fin de semana tan só quedan dous partidos para finalizar a liga e as deLugo deben obter seis dos nove puntos que agora quedan en xogo, o que supón que se perden este sábado deberán gañar os dous encontros restantes ante o Barça e a Gran Canaria, algo moi complicado, pero non imposible.
As lucenses, novatas na categoría, realizaron unha boa liga, pero tal como sinala o seu adestrador, José Valle, «non» fomos capaces de gañar un só partido 3-0 ou 3-1 e escapáronsenos moitos partidos 2-3 e outros perdidos por un 0-3, pero con parciais nos sets moi igualados. A liga ao final é xusta e se se está de último é porque o teu xogo non é o que debería e o que está arriba adoita ser o mellor».
Para este encontro tan só será baixa Kaithlyn Skinner, que xa non puido viaxar a Murcia porque xusto antes de subir ao autobús seesguinzó un nocello e descansará esta xornada para reservarse para os próximos e decisivos encontros.
Xogadoras do C.V. Emevé: Sara Folgueira, Gracieli do Monte, Lucía Prol, María Pena, Alicia Rodríguez, Rosalía Alonso, Laura Villasante,Irene Yánez, Pino Chao, Sara Araujo e Paula Lorenzo.

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies