PREVIOS SUPERLIGAS

O EMEVE MASCULINO BUSCA A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA FRONTE AOL’ILLA GRAU DE CASTELLÓ

O sábado espérase un encontro cun bo nivel de xogo e competidoSLM WEB
O Pavillón Municipal de Lugo acolle este sábado ás 18 horas o encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga Masculina de voleibol, na que se enfrontarán o equipo local, C.V. Emeve e oC.V. L’Illa Grau de Castelló. Seguidamente, serán as rapazas doEmevé, participantes na Superliga Feminina, as que disputen a súa cuarta xornada fronte ao equipo tinerfeño.
Este encontro espérase disputado, xa que os de Castelló a tempada pasada realizaron unha boa primeira volta e quedaron na táboa xusto por enriba do equipo lucense. O ano pasado os lucenses gañaron na casa e perderon o encontro disputado en Castelló, así que polo menos esperan que este sábado se volva repetir a vitoria e ofrecer un bo nivel de xogo.
Os de Castelló contan con xogadores que forman un bloque moi potente, a pesar de perder o seu xogador «oposto», Hernández, que fichou por Unicaja. Ao igual que os lucenses teñen un bo xogo cos centrais, por iso o equipo do Emeve espera poder despregar o seu xogo, que é o máis importante, e poder encontrarse como equipo que, en palabras do seu adestrador, Diego Taboada, «aínda lles custa un pouco».

O EQUIPO LUCENSE EMEVE FEMININO ENFRÓNTASE NA CASA A UN HISTÓRICO DO VÓLEY ESPAÑOL

O equipo galego espera seguir a súa progresión no xogo para loitar pola permanenciaSLF WEB
O C.V. Emeve enfróntase este sábado ao C.V. Aguere de la Laguna(Tenerife), no encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga feminina, que terá lugar no Pavillón Municipal de Lugo ás 20 horas, tras finalizar o encontro do equipo masculino.

Unha xornada máis as rapazas do Emeve deberán disputar un duro encontro na casa fronte a un dos equipos históricos do voleibol español. Para o adestrador lucense, José Valle, «este é un fin de semana importante, para subir un chanzo máis na nosa progresión. Ademais espero que xogando na casa, onde adoitamos render un pouquiño mellor, teñamos a opción de disputar todos os sets e, mesmo o partido».
O equipo canario reforzouse esta tempada coa incorporación de dúas centrais senegalesas e a colocadora Marte Fraile, que vén do equipo de Navarra. Nos primeiros encontros de liga logrou dúas importantes vitorias fronte ao equipo veciño de Ibsa Canarias e oExtremadura Regueiro, aínda que, ao igual que as lucenses, perderon fronte o Avarca Menorca, que como sinalou no seu momento o adestrador lucense, é un rival moi a ter en conta para poder entrar no play off.
Loita continua pola permanencia
O equipo local, o Emeve, vai mellorando pouco a pouco, aínda que sen vitorias polo momento, se van asentando na categoría, encontro tras encontro e esperan que este traballo se vexa reflectido no seu obxectivo para esta tempada, que é a permanencia. No partido do pasado fin de semana fixeron un primeiro set bastante completo fronte ao Miranda, pero despois foron perdendo consistencia no segundo e terceiro, xa que segundoJosé Valle «seguimos tendo problemas coa nosa contundencia á hora de finalizar os puntos», contundencia que esperan ter no encontro deste sábado.

Los comentarios están cerrados.