SVM Arenal Emevé vence ao CV Teruel, invicto ata vir a Lugo.


Incrible o que acaba de pasar no «Arenal Arena” 👏👏👏💪💪💪
Os nosos #loitadores conseguiron poñer xeonllo en terra ao todopoderoso CV Teruel, un equipo que non cedera nin un set en todo o que levamos de Superliga.
Esta vitoria por 3-2, nun incrible partido, fai certas as declaracións que El Progreso de Lugo publicaba hoxe de Brandon Rattray: «Este equipo é capaz de todo se nos mantemos centrados».
Unha pena que só a Directiva e o Comité Anti- Covid puidese gozar in situ desta gran xesta, pronto volveremos vivilo en família.
Queremos desexar aos nosos compañeiros e amigos do CV Teruel unha boa viaxe de volta a casa.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Comments are closed.

[google-translator]

Categorías

Archivos