Seguimos da man do Colexio Diocesano San Lorenzo.


Sendo fieis á política do club de elixir @s mellores compañeir@s para percorrer o noso camiño, comprácenos anunciar a renovación do convenio co Colegio Diocesano San Lorenzo
do Seminario Diocesano de Lugo .
Un acordo que permitirá seguir medrando deportivamente a ambas as partes e fai os nosos camiños máis agradables. Porque da man de bos amigos calquera obxectivo parece moito máis próximo.

𝗩𝗜𝗩𝗔 𝗦𝗔𝗡 𝗙𝗥𝗢𝗜𝗟Á𝗡


Hoxe dan comezo de forma oficial as festas de San Froilán, Patrón da nosa querida cidade. Unha Festa declarada de Interese Turístico que atrae visitante de moitas partes da península.
É por iso que queremos convidarvos a gozar destas, as nosas festas, pero sempre con #sentidiño; non esquezamos que segue pululando un inimigo do que debemos coidarnos 😷 para poder vencelo.

𝗣𝗥𝗜𝗠𝗘𝗥𝗔 𝗫𝗢𝗥𝗡𝗔𝗗𝗔 𝗔𝗚𝗥𝗜𝗗𝗢𝗖𝗘


Tras a disputa dos primeiros partidos desta tempada da Liga Iberdrola e a Superliga Masculina de Voleibol, a familia do Arenal Emevé queda con sensacións contrapostas.
Por unha banda o equipo masculino cultivou unha clara derrota ante un dos equipos destinados a ocupar os primeiros postos da clasificación, pero o grupo transmite a sensación de ter gran marxe de melloría a pouco que empecen a coller confianza e poidamos contar con tódolos efectivos.
Doutra banda, o equipo feminino volveu cun importante punto de Menorca. Un punto que, sen dúbida tod@s asinariamos antes de xogar, pero que sabe a pouco despois do gran partido realizado polas nosas #loitadoras , que mesmo dispuxeron dun punto de partido.
Dous grupos de profesionais que prometen facernos vibrar esta tempada.
𝗔𝗥𝗘𝗡𝗔𝗟 𝗘𝗠𝗘𝗩𝗘, 𝗩𝗢𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗫𝗨𝗡𝗧𝗢𝗦?? 🦅

Regresa a Superliga. Arenal Emevé – Fenie Energía Palma


𝗩𝗢𝗟𝗩𝗘 𝗔 𝗦𝗨𝗣𝗘𝗥𝗟𝗜𝗚𝗔
Volve a ilusión.
Volve a emoción.
Volve a ledicia.
Volven os cánticos.
Volve o volei ao Municipal.
Pavillón Municipal de Deportes
Sábado 2 Outubro
17:00
Fenei Energía Palma
Youtube 𝗖𝗮𝗻𝗮𝗹 𝗘𝗺𝗲𝘃é 𝗧𝗩
LaLigaSportsTV
No día do noso debut na Superliga Masculina 21/22, tod@s aquel@s que non poidades asistir ao Municipal, teredes unha dobre opción para seguirnos na distancia. Lecer Audiovisual deberá redobrar esforzos para facer unha dobre realización; por unha banda para o noso habitual Streaming na nosa páxina de Youtube e, por primeira vez, para a canle LaLiga SportsTV.
𝗘𝗦𝗣𝗘𝗥Á𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦 𝗔 𝗧𝗢𝗗@𝗦 !!!