ARENAL EMEVÉ: SARA URREA
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Sara Urrea”
ARGUMENTO: A Emperadora do Arenal Emevé emite un decreto que esixe recrutar ás mellores #loitadoras de voleibol para loitar co equipo imperial na guerra da liga Iberdrola. Para salvar a honra da súa terra, ao sur da Nación galega, chega ao equipo Sara Urrea. A moza someterase a un duro adestramento ata facerse merecedora de estima e da confianza do resto do seu escuadrón. Xuntas formarán o mais temido equipo da tempada.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
Inés Rivas. Tempada de cinema.
Julia Paradela: tempada de cinema
Aficionado número 7. La Voz de Galicia
Campaña de socio/as
CAMPAÑA DE SOCIOS
Este ano a Campaña de Socios arrinca con dúas importantes novidades, a primeira é que será unha “CAMPAÑA CONTACTLESS” para cumprir cos protocolos e evitar o contaxio do Covid.
E a segunda é a creación do SOCIO NON PRESENCIAL ou “XOGADOR #7”
Para iso, poderás descargarte o formulario aquí: https:// cvemeve. com/socios/ e terás que envialo cuberto ao e-mail emevelugo@yahoo.es
As opcións este ano son:
SOCIO PRESENCIAL
Socio Individual – 40€
Socio Familiar – 60€
Socio Xubilado – 25€
Seminario de Lugo e o Arenal Emevé
O Arenal Emevé e o Seminario Menor seguirán da man outra tempada máis.
O éxito que, para ambas as partes, supuxo a colaboración da pasada campaña anímanos a prorrogar esta andaina conxunta.
Desde o club só podemos dar grazas pola renovación deste convenio, tan importante para o club e para o benestar das nosas pezas máis importantes, a #policanteira.
ARENAL EMEVÉ E SEMINARIO MENOR, UNHA TEMPADA DE CINEMA

