Isto arrinca: Arenal Emevé SVM

Se onte era a quenda das nosas #loitadoras , hoxe tocoulles aos nosos #loitadores . Con varias ausencias, polo momento, e completando o adestramento cos canteiráns que axudarán ao equipo durante toda a tempada, pisaron hoxe a pista do Municipal.
Unha primeira toma de contacto na preparación desta tempada máis que especial.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Pau Mena, do Arenal Emevé.

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Pau Mena”.
ARGUMENTO: Pau chega a Lugo para construír algo moi grande, un equipo de #loitadores para tentar vencer na loita de xigantes que se aproxima.
A nosa cidade será unha das sedes destes combates, ¿Serás capaz de resistirte a gozalos?

Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Brandon Rattray

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Brandon Rattray”
ARGUMENTO: O xenial e brillante Brandon, tras deixar atrás todo o seu universo persoal nos EEUU, debe atopar e enfrontarse a novos inimigos cuxo poder non coñece límites. Esta viaxe poñerá a proba a súa enteireza unha e outra vez, e obrigaralle a confiar no seu enxeño e no seu equipo de #loitadores .
Toda a cidade de Lugo será testemuña das súas aventuras.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Mario Dovale

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Mario Dovale”
ARGUMENTO: Tras todo un verán confinado coa Selección Española, Mario logra a forma de volver á súa cidade natal para liderar aos seus compañeiros #loitadores. Un plan perfectamente urdido para volver mellor, máis forte e con moitas máis ganas.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA