O poder da nosa doble Muralla: A de Lugo e a do Arenal Emevé.

O PODER DA MURALLA

O mellor elemento defensivo ante os ataques inimigos sempre foron as murallas, e en Lugo temos dúas das mellores.
A Muralla Romana, cunha lonxitude de 2266 metros, coroada por 85 poderosas torres, delimita o centro histórico.
E a muralla do Arenal Emevé, que conta con tres impresionantes torres (IAGO FOLGUEIRA, 197cm – RUBÉN LÓPEZ, 202cm – UCHENNA OFOHA, 205cm) para defender os 10 metros de anchura dunha rede de 2,43 metros de altura, e que delimita os nosos dominios das terras inimigas.
Esta tempada promete duelos de altura na rede, e acudimos a eles coa seguridade de acudir coas mellores tropas.
ARENAL EMEVÉ, SUPER-TEMPADA DE PELÍCULA!!

Coloquios na fase V.

Hoxe a nosa Presidenta, Bibí Bouza, participará en “Coloquios na Fase V” que se emitirá un directo na canle de Youtube de Comunidade Voley: https://t.co/BARKqf4BZ2

Se queres coñecer as últimas novidades do voleibol, tanto nas pistas como nos despachos, non podes perdelo.

Recepción no Concello. Recoñecemento ao Arenal Emevé polo ascenso á Liga Iberdrola.

RECEPCIÓN NO CONCELLO

Novo recoñecemento para nosas #loitadoras. Nesta ocasión foi o Concello de Lugo quen, a través da Alcaldesa Lara Méndez, do Concelleiro de Deportes Miguel Fernández, e acompañados de representantes do resto de grupos; recibiron a unha delegación do noso club formada polas xogadoras que conseguiron o ascenso á Superliga Feminina, xunto con técnicos e directiv@s.

Damos grazas ao Concello por este recoñecemento á vez que mostramos o noso orgullo por levar o nome de Lugo por todo o territorio español.
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Día Mundial da Tapa, en lugo!

DÍA MUNDIAL DA TAPA 😋

Poucas cousas haberá (aparte do Arenal Emevé 😉, a muralla, a catedral, o casco histórico…) que fagan á nosa cidade mundialmente coñecida, e unha delas é a tapa. Porque non hai maior pracer que gozar dunha xornada de tapeo polos bares e restaurantes de Lugo en compañía dos nosos seres queridos.
Por iso hoxe, no Día Mundial da Tapa, decidimos facer un alto no camiño das presentacións, para gozar dunhas boas tapas nos bares e restaurantes lucenses onde comen habitualmente @s nos@s #loitadores e #loitadoras .
ARENAL EMEVÉ, RE-COMENDO TAPAS EN LUGO!!

Guillermo Loeches, outro loitador para Arenal Emevé.

GUILLERMO LOECHES (Colocador, 1996) únese ao proxecto do noso club para a próxima tempada.
Mocidade e experiencia únense neste xogador. Tras pasar pola Concentración Permanente da Selección Española, Guillermo formou parte dalgúns dos mellores equipos da Superliga Masculina de Voleibol, onde demostrou ser un dos mellores colocadores do país. Froito diso e como recoñecemento ao seu gran labor foi convocado para xogar o All Star da Superliga a tempada pasada.
Agradecid@s de poder gozar deste gran xogador nas nosas filas, estamos segur@s que nos deparará grandes alegrías a próxima tempada.
Benvido e a por todas, Guillermo!! ⚔️

Uchenna Ofoha un novo loitador para Arenal Emevé.

Un novo loitador chega ás nosas filas.
Uchenna Ofoha (204 cm) é un poderoso central canadense de orixe nixeriana.
Comezou xogando na Liga Universitaria de Canadá, defendendo as cores da Universidade de Reyerson. En 2017 feu o salto ás ligas europeas coa súa fichaxe polo equipo finés Kokkolan Tiikerit, xogando despois na Bundesliga alemá co CV Central e o Netzhoppers, desde onde chega ao noso club.
Uchenna conta ademais con experiencia defendendo a camiseta da Selección de Nixeria.
En palabras do seu anterior adestrador, Mirko Culic, é “un tipo atlético, de carisma positivo, que se integrou desde o primeiro momento no equipo”.
Desde o club aproveitamos para darlle a benvida e desexarlle un feliz aniversario, xa que hoxe cumpre 26 anos.
HAPPY BIRTHDAY TO YOU, HAPPY BIRTHDAY TO YOU … 🎶🎵🎶🎂🎂
Welcome #loitador !! ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!