Mario Dovale internacional coa Selección Española.

Cando un dos nosos #loitadores se une aos #RedLinxes , ademais dun recoñecemento persoal tamén o asumimos como un éxito de club. O esforzo individual sempre repercute no común, e á viceversa.
Mario Dovale fainos sentir máis que orgullos@s, e alcanza a gloria sendo convocado para disputar o PreEuropeo coa Selección Española.
A partir do luns día 13 Mario concéntrase cos RedLinxes para preparar os seus próximos compromisos a partir do día 17, coa vista posta no Campionato de Europa.
GÓZAO MARIO!!! 👏👏👏

Renovación do fantástico grupo de RSS.

Cando catro persoas creativas e ben levadas se reunen ao redor dunhas Estrella Galicia, todo pode pasar.
Baseándose neste feito, o ARENAL EMEVÉ decidiu confiar neste grupo para levar as súas RRSS.
Uns chamarannos frikis, outros delincuentes das Redes; para as nosas familias sempre fomos un pouco cantantes 😂😂😂. Pero neste club atopamos o noso sitio, por iso alegrámonos de anunciar a nosa renovación.
Porque aquí somos ” THE RRSS TEAM”!!

O Arenal Emevé pecha un acordo coa futura axencia de comunicación oficial do clube: Atalaya Comunicación

O ARENAL EMEVÉ refórzase en materia de comunicación. Desde agora ATALAYA COMUNICACIÓN encargarase de facer máis visible ao club nos medios de comunicación tradicionais.
Sen dúbida a súa experiencia e bo facer poñerán ao noso club no lugar que se merece informativamente.
ATALAYA COMUNICACIÓN, AXENCIA DE COMUNICACIÓN OFICIAL DO ARENAL EMEVÉ.

Agasallo da Fundación Vertex Bioenergy

MÁIS SEGUR@S CON BIOETANOL GALICIA
A Fundación Vertex Bioenergy dóanos 15 l. de Xel Hidroalcohólico, tan necesario para que @s nos@s #loitadores e #loitadoras adestren con total seguridade.
MIL GRAZAS, BIOETANOL GALICIA!!

Peche da tempada do Arenal Emevé IF2

Ao acabar cada tempada e analizala, fixámonos en datos tanxibles como o número de vitorias, os títulos alcanzados …Con todo, o que realmente merece a pena e nos fai seguir loitando cada día él o intanxible, as relacións que se xeran entre tod@s @s que formamos esta gran familia. E ver cómo estas relacións van máis aló do deporte.
Mostra diso foi a cea que as nosas loitadoras do Infantil IF2 e a súa adestradora Susana Cortegoso gozaron na Parrillada Abel.
Un momento de risas e confidencias para despedir a tempada e a categoría, antes do seu paso a cadetes.
Ata a próxima tempada mozas 👋
ARENAL EMEVE, MOITO MAIS QUE VOLEI