ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Marta Otero”
ARGUMENTO: Tras varios anos concentrada no ” inframundo” da Permanente, onde desenvolveu as súas habilidades rodeada de seres extraordinarios con aptitudes sobrenaturais, Marta regresa ao mundo real.
No seu regreso, Marta únese a un grupo de #loitadoras de elite, onde se reencontra con algunhas compañeiras chegadas desde a Permanente. Ao seu lado loitarán as estrelas locais e outras chegadas de todo o país e parte do estranxeiro, para tentar converterse no mellor equipo de voleibol xamais visto sobre o Municipal. ¿Acompáñalas?
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
Arenal Emevé: Chema Giménez
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Chema Giménez”.
Tras a tempada pasada, varios equipos dominan a Superliga de Voleibol. Tras grandes vitorias do Arenal Emevé na súa campaña, os directores deportivos deciden encargar novas xestas para o seu equipo a Máximo Chema Giménez, bravo receptor do Arenal Emevé.
Como #loitador, de inquebrantable lealdade ao seu club, regresa de novo a Lugo para continuar a súa loita deportiva e axudar a conseguir novos triunfos.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé: Lucía Prol
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé, Lucía Prol”
ARGUMENTO: LUCIA PROL atópase acompañada das súas compañeiras e obrigada a enfrontar unha perigosa conspiración con lazos co seu pasado mentres é buscada por outros equipos. Perseguida por unha forza que non se deterá ante nada para derrubala, Prol debe lidar coa súa historia como internacional e as relacións rotas que deixou ao seu paso moito antes de converterse en #loitadora.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé: Rubén López
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé, Rubén López”.
ARGUMENTO: A comunidade do volei séntese confundida pola aparición dun xogador de voleibol ao que ninguén parecía coñecer. Tratando de buscar unha explicación de cómo se pasa, en apenas dous anos, da nada a ser un xogador de alto nivel e xogar na máxima categoría do voleibol español, os investigadores acoden ao club que o descubriu.
Alí atopan a verdade, Rubén é un viaxeiro do tempo, chegado do futuro e especialmente creado e programado para a práctica do volei. Veremos do que é capaz esta tempada xunto aos seus compañeiros #loitadores.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé. Liga Iberdrola.
Arenal Emevé e o adestrador de SVM.
