Que esta é unha tempada especial non é ningunha novidade, con ambos os equipos en SUPERLIGA esta será unha tempada de cinema.
Por iso, e para matar o tempo ata que comece a competición, propoñémosvos un xogo.
Cada día presentarémosvos un cartel dunha película na que @s nos@s #loitadores e #loidadoras serán @s protagonistas. ¿Seredes capaces de pescudar a película orixinal? Seguro que sí. Envíanos a túa resposta a calquera das nosas RRSS e ao día seguinte desvelaremos a resposta.
Anímate e xoga connosco!!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
O colocador lucense, Pablo Villar segue no Arenal Emevé.
Audrey Alford. Súmase ao Arenal Emevé.
El Progreso e o Arenal Emevé
Miguel Paradela e Candela López nas Xornadas de tecnificación da RFEVB
Nova convocatoria para as Concentracións de Tecnificación de Voleibol da RFEVB, e novamente con presenza d@s nos@s canteiráns entre @s convocad@s.
CANDELA LÓPEZ e MIGUEL PARADELA estarán na devandita Concentración, que terá lugar en Guadalajara do 26 de Xullo ao 9 de Agosto. Ambos, con contrastada experiencia nas Categorías inferiores da Selección Española, son xa habituais neste tipo de citas.
Unha paréntese nas súas vacacións que, sen dúbida, farán con gusto para seguir crecendo neste deporte.
Parabén a ambos!!
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S
AVES DE PRESA: ESTAMOS Á ESPREITA
Nunha tempada de cinema, como a que nos espera, está película manteranos enganchados ata o final.
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Aves de presa: seguimos á espreita”.
Un grupo de xogadoras de volei ven como un virus apocalíptico paraliza o mundo e lles impide cumprir o seu soño, ser Campioas de España Xuvenís, nunha tempada na que sentían preparadas e tiñan moitas opcións.
Lonxe de abandonar, o grupo loita, adestra e esfórzase para volver ao seu obxectivo a próxima tempada.
Unha historia de decepción e superación individual e colectiva, ¿cal será o final?
Non o perdas!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA





