JUAN VILLAR EN LUGO DEPORTE

A revista Lugo Deporte, revista especializada no deporte local, volve facerse eco da realidade do Arenal Emevé. Nesta ocasión cunha entrevista ao noso Director Deportivo, Juan Villar, na cal fala do proceso de elaboración dos planteis desta próxima tempada, na que ambos os equipos militarán na máxima categoría.

Non vos perdades a entrevista, e se queredes estar decatados de todo o deporte local non deixedes de ler LugoDeporte.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Animad@s con Total Sport

Grazas ao acordo de colaboración alcanzado con TOTAL SPORT, empresa lucense especializada en animación, lecer e tempo libre; esta tempada estará máis animada que nunca.
Total Sport encargarase de amenizar os actos, festas … que se organicen desde o club, ademais de moitas outras sorpresas que iredes descubrindo aos poucos.
Se ademais es soci@ do Arenal Emevé non o dubides e conta con Total Sport para os teus eventos, ademais de gozar d@s mellores profesionais do sector, faralo coas mellores condiciones grazas ao desconto para @s nos@s soci@s.
ARENAL EMEVÉ E TOTAL SPORT, DIVERSIÓN GARANTIDA!!

Mario Dovale internacional coa Selección Española.

Cando un dos nosos #loitadores se une aos #RedLinxes , ademais dun recoñecemento persoal tamén o asumimos como un éxito de club. O esforzo individual sempre repercute no común, e á viceversa.
Mario Dovale fainos sentir máis que orgullos@s, e alcanza a gloria sendo convocado para disputar o PreEuropeo coa Selección Española.
A partir do luns día 13 Mario concéntrase cos RedLinxes para preparar os seus próximos compromisos a partir do día 17, coa vista posta no Campionato de Europa.
GÓZAO MARIO!!! 👏👏👏

Renovación do fantástico grupo de RSS.

Cando catro persoas creativas e ben levadas se reunen ao redor dunhas Estrella Galicia, todo pode pasar.
Baseándose neste feito, o ARENAL EMEVÉ decidiu confiar neste grupo para levar as súas RRSS.
Uns chamarannos frikis, outros delincuentes das Redes; para as nosas familias sempre fomos un pouco cantantes 😂😂😂. Pero neste club atopamos o noso sitio, por iso alegrámonos de anunciar a nosa renovación.
Porque aquí somos ” THE RRSS TEAM”!!