O ARENAL EMEVÉ refórzase en materia de comunicación. Desde agora ATALAYA COMUNICACIÓN encargarase de facer máis visible ao club nos medios de comunicación tradicionais.
Sen dúbida a súa experiencia e bo facer poñerán ao noso club no lugar que se merece informativamente.
ATALAYA COMUNICACIÓN, AXENCIA DE COMUNICACIÓN OFICIAL DO ARENAL EMEVÉ.
Arquivos do autor: admin
Agasallo da Fundación Vertex Bioenergy
Peche da tempada do Arenal Emevé IF2
Ao acabar cada tempada e analizala, fixámonos en datos tanxibles como o número de vitorias, os títulos alcanzados …Con todo, o que realmente merece a pena e nos fai seguir loitando cada día él o intanxible, as relacións que se xeran entre tod@s @s que formamos esta gran familia. E ver cómo estas relacións van máis aló do deporte.
Mostra diso foi a cea que as nosas loitadoras do Infantil IF2 e a súa adestradora Susana Cortegoso gozaron na Parrillada Abel.
Un momento de risas e confidencias para despedir a tempada e a categoría, antes do seu paso a cadetes.
Ata a próxima tempada mozas 👋
ARENAL EMEVE, MOITO MAIS QUE VOLEI
O oposto de UCLA, Brandon Rattray ao Arenal Emevé.
Directamente da prestixosa UCLA chega o noso novo #loitador, BRANDON RATTRAY.
Brandon (1998) é un oposto moi atletico, cun potente salto e un brazo declarado como arma de destrución masiva, que unido ós seus case 2 metros de altura, fan del un xogador con gran capacidade anotadora e un novo puntal para a nosa muralla.
Benvido Brandon, este non só será o teu club; desde xa esta é a túa casa e formas parte da gran familia do Arenal Emevé.
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!




