No ARENAL EMEVÉ queremos estar coas vítimas desta terrible pandemia que quere dezmarnos. Queremos mostrar o noso respecto e apoio a enferm@s e falecid@s, pero tamén aos seus familiares e achegad@s.
Para iso unímonos ao loito oficial de dez días decretado desde o 27 de maio ao 6 de Xuño.
Arquivos do autor: admin
Arenal Emevé agradece a gran axuda dos patrocinadores.
Arenal Emevé a toda páxina en El Progreso.
🥂 POR VÓS 🥂
Os soños son moito máis fáciles de conseguir cando vas da man de alguén que che axuda a superar calquera adversidade que te atopes no camiño, e cando por fin o alcanzas non hai sensación máis agradable que celebralo con quen che axudou a consegu
ilo.
Grazas ArenalPerfumerías por tendernos a vosa man, imprescindible para chegar aquí.
Agora toca seguir da man festexando e visualizando novos soños.
ARENAL EMEVÉ, UN SOÑO FEITO REALIDADE!!
ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.
Por fin é oficial, o ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA por partida dobre.
Tras confirmarse o ascenso das nosas #loitadoras á máxima categoría, convertémonos no único club de Voleibol de España con representación en Superliga Masculina e Feminina.
Este estraño feito é un éxito, non só de xogadores e xogadoras, senón tamén de soci@s e afeccionad@s, administracións e patrocinadores; a tod@s GRAZAS.
E grazas moi especialmente a ArenalPerfumerías , sen cuxo apoio isto non sería posible; xa que nos deu o impulso necesario para dar un salto cualitativo, non só a nivel planteis senón a nivel club.
Agora toca gozar do momento, sentir que por fin tocamos as estrelas e que o noso soño, o soño de tod@s xa é realidade.
ARENAL EMEVÉ, SIIIIIIIIIIIÍ 💪💪💪
Arenal Emevé coa carreira virtual da Cruz Vermella Española
Desde o CLUB VOLEIBOL ARENAL EMEVE unímonos ao desafío de CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA e alentámosvos a participar na “I CARREIRA VIRTUAL A FAVOR DA CRUZ VERMELLA”
🏐🏃🤸🏋🏻
#Únete ao desafío 🙌🏻 #YomeactivoCRE
📲 Inscricións> https://bit.ly/2YCNSed



