Portada de A Canteira en El Progreso.

ÉXITO TOTAL NAS LIGAS GALEGAS
Chegamos ao final das ligas Galegas de Voleibol en categorías Infantil, Cadete e Xuvenil con grandes resultados para o noso club.As nosas #loitadoras alcanzaron o primeiro posto nas tres categorías, mentres que os nosos #loitadores alzáronse co título na categoría cadete.
Ademáis tanto o noso Xuvenil Feminino como o noso Cadete Masculino contaron os seus partidos por vitorias, e cedendo só 7 e 3 sets respectivamente en todo o campionato.
Dificilmente poderiamos estar máis orgullos@s da nosa #policanteira .
Sodes moi grandes moz@s 👏👏👏
ARENAL EMEVÉ, FORMANDO ESTRELAS

El Progreso e Arenal Emevé: Campioas Copa España Infantil N2 e Marta Otero

No último día do ano non podiamos faltar entre as noticias do diario El Progreso de Lugo.
Nesta ocasión fanse eco da fichaxe de Marta Otero e da proeza das nosas Infantís na Copa de España de Voleibol.
De todos os xeitos non deixedes de estar atent@s ás nosas RRSS, nunca se sabe en que momento saltará unha nova noticia.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Arenal Emevé campionas Copa España 2019 Grupo N2

🏆COPA DE ESPAÑA🏆

CAMPIOAS, CAMPIOAS, OÉ, OÉ, OÉ
As nosas #loitadoras acaban de proclamarse Campioas da Copa de España na categoría de Infantil Feminino N2.
Despois dun campionato impoluto plantáronse hoxe na Final co convencemento de gañala e así foi. Sen dúbida a visita que recibiron onte da súa ex-adestradora, Eliana, deulles máis forza e ánimo para alcanzar este gran éxito.
Sodes moi grande mozas, grazas por todo o esforzo depregado durante toda a competición.
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S!