Julia Paradela: tempada de cinema

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Julia Paradela”
ARGUMENTO: Julia é unha moza normal, que compaxina a súa vida rutineira coa práctica do deporte de alto nivel. Tras moitos anos xogando no Club de voleibol da súa pequena cidade, empeza a ver que non todo é como sempre. Empeza a suceder cousas estrañas ao redor do equipo, cousas que nunca antes sucederan.
Julia tentará lidar coa situación á vez que tenta descubrir que é o que está a pasar, e si estes sucesos teñen algo que ver co repentino e inesperado éxito do club as últimas tempadas.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.

ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Seminario de Lugo e o Arenal Emevé

O Arenal Emevé e o Seminario Menor seguirán da man outra tempada máis.
O éxito que, para ambas as partes, supuxo a colaboración da pasada campaña anímanos a prorrogar esta andaina conxunta.
Desde o club só podemos dar grazas pola renovación deste convenio, tan importante para o club e para o benestar das nosas pezas máis importantes, a #policanteira.
ARENAL EMEVÉ E SEMINARIO MENOR, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Clínica Dinán Psicotécnico

ARENAL EMEVÉ e PSICOTÉCNICO CLÍNICA DINAN asinan un convenio de colaboración para a presente tempada.
Por iso, e tras cerciorarse que tod#s @s nos@s #loitadores e #loitadoras daban negativo nas probas Covid, os profesionais de Psicotécnico Clínica Dinan aseguráronse de que o noso plantel se atopase nas mellores condicións para o inicio desta tempada de película.
ARENAL EMEVÉ E PSICOTÉCNICO CLÍNICA DINAN, UNHA TEMPADA DE CINEMA
🔴🔵🏐💪
Atopa Psicotécnico Clínica Dinan na Rúa Dinan 5-7 (Lugo) ☎️ 982228662

Julia Paradela

JULIA PARADELA (Oposta, 1999) renova o seu compromiso, unha tempada máis, co noso club.
A canteirá, tras conseguir o regreso a Superliga, afronta unha tempada dura e de moito traballo e sacrificio, pero tamén chea de ilusión e alegrías.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Canteirás e loitadoras

Novamente, o noso equipo de Superliga, estará reforzado polas nosas xuvenís.
Un luxo para o equipo poder contar con estes tres reforzos, e un luxo para estas tres canteirás poder gozar outro ano máis da competición na máxima categoría do voleibol español.
Aproveitade a oportunidade e gozade da experiencia, aínda que o pareza, isto non é o habitual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Cassie Bujan

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Cassie Bujan”
ARGUMENTO: Ano 2077, Cassie descobre que é unha superatleta creada para sobresaír en calquera deporte. Como tal está equipada con implantes cibernéticos e un traxe biosintético que lle proporcionan distintas habilidades (máis forza, reflexos felinos, supervelocidade…). Tras dubidar entre os seus dúas grandes paixóns, o fútbol e o voleibol, decídese por este último e empeza a brillar.
Sen saber moi ben cómo, Cassie métese nunha máquina do tempo que a leva ao ano 2020 e a unha cidade do Noroeste español. Alí decide unirse ao seu equipo de volei, onde aproveitará todas os seus superhabilidades para axudar ás súas compañeiras #loitadoras a converterse nun dos mellores equipos xamais vistos no seu tempo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA