Empeza a liga Iberdrola

Pero para volver debemos cumprir unha serie de protocolos Anti- covid, e iso implica que o aforo do próximo partido, no noso regreso á liga Iberdrola, estea limitado a 60 persoas.
Tod@s aquel@s soci@s que desexedes asistir e animar sen tregua, debedes enviar unha solicitude por correo a emevelugo@yahoo.es antes deste xoves ás 12:00 do mediodía.
Posteriormente realizarase un sorteo e publicarase nas nosas RRSS e na páxina web, para que poida ser consultado por todo o mundo.
Lamentamos moitísimo esta situación e pedímosvos comprensión e paciencia. En breve todos volveremos gozar xuntos.
Mentres, animámosvos a seguir os partidos por streaming. Nestes meses de parón, o club non quedou parado e renovamos todos os equipos e a conexión, para poder chegar mellor e a máis xente. Ninguén se perderá o partido, probádeo!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Irene Yáñez, nova tempada no Arenal Emevé

IRENE YÁÑEZ (Central,1994) QUÉDASE!!
Un ano máis Irene será a capitá das nosas #loitadoras .
Experiencia, garra e un excelente talante son as calidades que fan dela a mellor líder que o noso equipo podería ter nesta nova aventura na LIga Iberdrola.
Aínda que se fixo esperar, a renovación máis desexada xa é unha realidade.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Patas, mi villano favorito.

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Patas, mi villano favorito”
ARGUMENTO: Aos ollos do mundo é un terrible vilán que planea un dos roubos máis grandes xamais planeados, facerse con todas as copas das competicións de voleibol de España. Con todo, para as súas persoas próximas e os seus xoves secuaces, non deixa de ser ese xefecillo gruñón que só quere o mellor para os seus, sexa ao custo que sexa.
Goza as aventuras de Patas e os seus secuaces ao longo dunha nova tempada.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

María Sanjurjo. Tempada de cinema

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
” The Arenal Emevé Rises: María Sanjurjo”
ARGUMENTO: Tras un tempo de retiro obrigado, unha das grandes responsables do ascenso do Arenal Emevé á liga Iberdrola, volve á actividade.
Reclamada polo seu equipo e estrañada polas súas compañeiras #loitadoras, María volve coa intención de facer ao seu equipo mellor do que era antes do parón.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Sara Urrea. Tempada de cinema

ARENAL EMEVÉ: SARA URREA
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Sara Urrea”
ARGUMENTO: A Emperadora do Arenal Emevé emite un decreto que esixe recrutar ás mellores #loitadoras de voleibol para loitar co equipo imperial na guerra da liga Iberdrola. Para salvar a honra da súa terra, ao sur da Nación galega, chega ao equipo Sara Urrea. A moza someterase a un duro adestramento ata facerse merecedora de estima e da confianza do resto do seu escuadrón. Xuntas formarán o mais temido equipo da tempada.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Inés Rivas. Tempada de cinema.

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Inés Rivas”
ARGUMENTO: Tras conseguir o obxectivo para o que foi fichada, ascender xunto ao seu equipo á Superliga Feminina de Voleibol, Inés enfróntase a unha nova tempada repleta de novos retos.
Nesta campaña Inés deberá enfrontarse a novas vilás que posúen forza e axilidades sobrehumanas, e cuxa intención é roubar todos os puntos posibles para obrigar ao equipo de Inés a baixar, de novo, de categoría.
Inés contará cos seus superpoderes e coa axuda das súas supercompañeras #loitadoras. Todas sumarán forzas para contrarrestar os ataques que recibirán por parte das súas inimigas.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA