Sara Urrea segue no Arenal Emevé na Liga Iberdrola.

SARA URREA (2001) queda!! E seguirá sendo unha das nosas #loitadoras .
Peza crave na consecución do ascenso cunha gran tempada, a pesar dunha inoportuna lesión de nocello que a freou lixeiramente na súa progresión.

Sara está destinada a ser novamente unha peza moi importante do equipo de Superliga, o seu labor na recepción e os seus lategazos na rede farannos vivir grandes momentos no Municipal.
A por todas Sara. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Inma Lavado é loitadora da Liga Iberdrola no Arenal Emevé.

O noso novo proxecto na Superliga Feminina de Voleibol LIGA IBERDROLA empeza a dar os seus primeiros pasos con forza, con garra, con intensidade; todas elas calidades de “A furia extremeña” INMA LAVADO.
Porque Inm
a (Central, 1999) seguirá sendo loitadora .

Tras a gran tempada callada na SF2 chegou a hora de consagrarse na máxima categoría.
A por todo Inma .
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Arenal Emevé a toda páxina en El Progreso.

🥂 POR VÓS 🥂

Os soños son moito máis fáciles de conseguir cando vas da man de alguén que che axuda a superar calquera adversidade que te atopes no camiño, e cando por fin o alcanzas non hai sensación máis agradable que celebralo con quen che axudou a conseguilo.
Grazas ArenalPerfumerías por tendernos a vosa man, imprescindible para chegar aquí.
Agora toca seguir da man festexando e visualizando novos soños.
ARENAL EMEVÉ, UN SOÑO FEITO REALIDADE!!

 

ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.

Por fin é oficial, o ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA por partida dobre.
Tras confirmarse o ascenso das nosas #loitadoras á máxima categoría, convertémonos no único club de Voleibol de España con representación en Superliga Masculina e Feminina.
Este estraño feito é un éxito, non só de xogadores e xogadoras, senón tamén de soci@s e afeccionad@s, administracións e patrocinadores; a tod@s GRAZAS.
E grazas moi especialmente a ArenalPerfumerías , sen cuxo apoio isto non sería posible; xa que nos deu o impulso necesario para dar un salto cualitativo, non só a nivel planteis senón a nivel club.
Agora toca gozar do momento, sentir que por fin tocamos as estrelas e que o noso soño, o soño de tod@s xa é realidade.
ARENAL EMEVÉ, SIIIIIIIIIIIÍ 💪💪💪