Fundación Deporte Galego có Arenal Emevé.


Hoxe acordámonos da bonita reportaxe da CRTVG sobre o noso club e o noso equipo feminino do ano pasado na Superliga Feminina de Voleibol.
Unha reportaxe preciosa que reflicte fielmente o que é o noso club. Non chega a dez minutos e faravos pasar un bo ratiño. Preme na imaxe para acceder ao contido.
ARENAL EMEVÉ, SEPARAD@S XUNT@S!!
🔴🔵🏐💪

 

 

Comunicado: Suspéndense as actividades.

O Club Voleibol Emevé decidiu suspender todas as actividades deportivas (tanto competicións como adestramentos para todos os equipos ARENAL EMEVÉ ) desde hoxe Xoves día 12 de Marzo ata o Luns 23 de marzo, ante as recomendacións das Autoridades Sanitarias, así como o peche das instalacións deportivas.
Esperamos poder retomar a normalidade en breve.

Coronavirus-Comunicado

Cara e cruz dos partidos do Sábado día 7 de marzo

🎙️ EMEVÉ NEWS 🎙️
CRÓNICAS DO SÁBADO
Hoxe en El Progreso de Lugo podes ver as crónicas dos partidos de SF-2 e SVM.
Non vos esquezades de ler este xornal para seguir as últimas novidades do equipo durante a fin de semana. Cada sábado podedes ver as previas dos partidos que imos disputar e os domingos os resultados e as crónicas de cada partido.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
🔴🔵🏐💪