Sábado 10 Outubro. SVM Arenal Emevé

Regresa a SVM ao Municipal e regresa con restricións polo Covid.
Novamente o aforo estará limitado a 60 persoas; polo que procederemos, como a semana pasada, a sortear as entradas entre as persoas que así o soliciten.
Lembra, para poder participar:
– Debes ser SOCI@ do club nesta tempada.
– Envía un mail solicitando as túas entradas a emevelugo@yahoo.es ANTES do próximo XOVES 8 ás 12:00.
– No correo debes identificar a tod@s @s solicitantes con NOME, APELIDOS, DNI E N° DE TELÉFONO (en caso de nen@s indicar o teléfono dun dos seus pais).s indicar todas as persoas que desexan asistir (@s neno@s tamén, porque tamén contan para o aforo máximo)
– Tod@s aqueles que non envíen o correo en FORMA e PRAZO NON poderán entrar no sorteo das entradas.
Novamente queremos dar GRAZAS pola COMPRENSIÓN e o APOIO recibidos, do mesmo xeito que reiteramos as nosas máis sinceras DESCULPAS por esta SITUACIÓN totalmente ALLEA ao CLUB.
Se tod@s poñemos un pouco de sentidiño, pronto acabaremos con esta nova “anormalidade”.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Coidemos Lugo

Un dos grandes momentos do sábado foi a visita de Guido Álvarez, impulsor dunha nova iniciativa para coidar e dar coñecer a nosa marabillosa cidade.
O creador de Guido Guía preséntanos agora coidemoslugo , un proxecto ao que nos unimos e apoiaremos en todo o que poidamos.
Oxalá máis iniciativas como esta e máis xente como Guido.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

El Progreso. Crónica post-partido

Aínda que non foi o inicio desexado foi un inicio, e iso xa é un triunfo. Os nosos dous equipos arrincaron os seus partidos de Superliga con derrota, pero mostrando unha franca melloría segundo ían pasando os minutos e se sacudian os nervios do debut.
Toca seguir traballando duro en busca da primeira vitoria.
Podes ler as crónicas completas en El Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Empeza a liga Iberdrola

Pero para volver debemos cumprir unha serie de protocolos Anti- covid, e iso implica que o aforo do próximo partido, no noso regreso á liga Iberdrola, estea limitado a 60 persoas.
Tod@s aquel@s soci@s que desexedes asistir e animar sen tregua, debedes enviar unha solicitude por correo a emevelugo@yahoo.es antes deste xoves ás 12:00 do mediodía.
Posteriormente realizarase un sorteo e publicarase nas nosas RRSS e na páxina web, para que poida ser consultado por todo o mundo.
Lamentamos moitísimo esta situación e pedímosvos comprensión e paciencia. En breve todos volveremos gozar xuntos.
Mentres, animámosvos a seguir os partidos por streaming. Nestes meses de parón, o club non quedou parado e renovamos todos os equipos e a conexión, para poder chegar mellor e a máis xente. Ninguén se perderá o partido, probádeo!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

House of Emevé. Tempada de cinema

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“House of Emevé”
ARGUMENTO: Nada se interpoñerá na carreira de Bibi e Toñi por chegar ás máis alto como Directivas Deportivas.
Nesta historia nárrase como estas dúas #loitadoras pelexarán contra vento e marea para que o seu club se converta nun dos mellores da elite do voleibol español.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Uche Ofoha nos controis Anti-Covid en Ibersys

Empezan a chegar os nosos #loitadores de terras afastadas.
Hoxe foi a quenda de Uchenna Ofoha, que tras pasar con éxito os controis Anti- Covid en Ibersys Lugo, xa está ao dispor de Diego Taboada e o seu equipo técnico.
Benvido Uche!! Oxalá a túa sorte aquí sexa proporcional á ilusión que esperta a túa chegada.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA