Sábado 12 Decembro. Xogamos!!

Hoxe o Municipal debe volver ser nosa principal arma. O voso apoio será clave para loitar pola vitoria neste durísimo partido.
Se non tedes a sorte de poder velo “in situ”, lembrámosvos que podedes seguir o Streaming, na nosa canle de Youtube, nas direccion que vos indicamos. Novo formato, novos ángulos, máis cámaras… con LECER Audiovisual .
E sobre todo, agora e sempre, no deporte e na vida, CABECIÑA!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
🔴🔵🏐💪

⬇⬇⬇ STREAMING ⬇⬇⬇
https://youtu.be/T6M278wAw1I

Estamos entre os mellores

Novamente os nosos #loitadores decidiron estar entre os mellores xogadores da xornada nas categorías. E iso que non gañaron o seu duelo, que senón faltaríannos categorías 😜.
Nesta ocasión foron Brandon Rattray, Chema Giménez e Mario Dobre os que máis destacaron esta fin de semana.
Ánimo e a seguir loitando mozos!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA