
Defendendo o noso voleibol

Un dos grandes momentos do sábado foi a visita de Guido Álvarez, impulsor dunha nova iniciativa para coidar e dar coñecer a nosa marabillosa cidade.
O creador de Guido Guía preséntanos agora coidemoslugo , un proxecto ao que nos unimos e apoiaremos en todo o que poidamos.
Oxalá máis iniciativas como esta e máis xente como Guido.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“House of Emevé”
ARGUMENTO: Nada se interpoñerá na carreira de Bibi e Toñi por chegar ás máis alto como Directivas Deportivas.
Nesta historia nárrase como estas dúas #loitadoras pelexarán contra vento e marea para que o seu club se converta nun dos mellores da elite do voleibol español.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Empezan a chegar os nosos #loitadores de terras afastadas.
Hoxe foi a quenda de Uchenna Ofoha, que tras pasar con éxito os controis Anti- Covid en Ibersys Lugo, xa está ao dispor de Diego Taboada e o seu equipo técnico.
Benvido Uche!! Oxalá a túa sorte aquí sexa proporcional á ilusión que esperta a túa chegada.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Patas, mi villano favorito”
ARGUMENTO: Aos ollos do mundo é un terrible vilán que planea un dos roubos máis grandes xamais planeados, facerse con todas as copas das competicións de voleibol de España. Con todo, para as súas persoas próximas e os seus xoves secuaces, non deixa de ser ese xefecillo gruñón que só quere o mellor para os seus, sexa ao custo que sexa.
Goza as aventuras de Patas e os seus secuaces ao longo dunha nova tempada.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.