Pablo Villar. Tempada de cinema

ARENAL EMEVÉ: PABLO VILLAR
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Pablo Villar”
ARGUMENTO: Unha tempada máis, a lealdade de Pablo Villar polo seu club será posta a proba. Pablo, uns dos mellores xogadores que saíron xamais da canteira do Arenal Emevé, será reclamado novamente polo seu club para enfrontarse aos peores inimigos que visitaron nunca a cidade. Dotado cos mellores medios e rodeado dos seus compañeiros, Pablo despregará toda a súa elegancia e
“savoir-faire”, para goce dos seus seguidores.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé. Javi Dovale in Film productions

ARGUMENTO: Javi é un preparador físico lucense de éxito. Aburado pola súa propia necesidade de mellorar cada día, decide levar unha dobre vida. A parte de dirixir o seu negocio de adestrador persoal e o seu propio ximnasio, Javi métese nos baixos fondos do deporte profesional encargándose da preparación física d@s xogador@s de volei do equipo da súa cidade. Na súa cabeza está constantemente “cociñando” novos exercicios e rutinas para que @s xogadore@s que preparan sexan @s máis fortes, máis rápid@s e con máis resistencia de toda a Superliga.

Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Javi Dovale, renova có Arenal Emevé

JAVI DOVALE será o encargado de que @s nos@s #loitadores e #loitadoras estean fisicamente ao 200%. O bo traballo realizado por Javi a pasada tempada viuse reflectido nos resultados obtidos, por iso repetirá como Preparador Físico en ambos os equipos de Superliga, colaborarando tamén coa nosa #policanteira.
Benvido de novo Javi
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Javi García

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Javi García”
ARGUMENTO: Javi é un mozo xogador de voleibol, un #loitador das pistas. Esta historia narra como Javi, a pesar de numerosos contratempos e lesións, vaise convertendo nun xogador cada vez máis importante, sendo o azoute de cada pavillón que visita na Superliga Masculina de Voleibol. Javi irá medrando e gañándose un nome entre os seus inimigos e, coa axuda dos seus compañeiros #loitadores, chegará a converterse no indiscutible Rey das pistas.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé. A canteira á Superliga1

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: A canteira á Superliga”
ARGUMENTO: Unha pequena cidade, un pequeno club de voleibol e unha serie de estrañas circunstancias manteñen intrigada a toda a comunidade do voleibol español.
Toda a comunidade únese para tentar desvelar os misterios que rodean ao Arenal Emevé de Lugo, ¿Como é posible que deste club desaparezan tantos mozos que aparecen posteriormente na Concentración Permanente da Selección Española? ¿Como é posible que esta pequena cidade sexa capaz de producir tal cantidade de canteiráns dun deporte minoritario? ¿Que fai que estes canteiráns rendan a tan alto nivel e cheguen a formar parte do primeiro equipo?
En resumo ¿Que estraño segredo envolve a canteira de “El Mejor Equipo de Voleibol de España”?
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

De canteiráns a loitadores

Nun club como o noso calquera éxito sería incompleto se non conseguísemos que os nosos canteiráns chegasen todos ó máis alto.
É un pracer anunciar que estes cinco xogadores lucenses do noso equipo xuvenil acompañarannos esta tempada na nosa nova aventura na Superliga Masculina de Voleibol.
Unha gran oportunidade para seguir medrando como deportistas, adestrando e xogando con xogadores do máis alto nivel.
Aproveitade e gozade moito, merecédelo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA